Tivemos a sorte, xa a primeira hora da mañá, de escoitar a Luís, da Fundación Luís Seoane. Como ben dixo el, non era Luís Seoane, pero contounos moitas cousas, e dun xeito moi ameno, deste gran artista galego, que cumpriría os cen anos neste 2010.
Escritor, ceramista, ilustrador, pintor, deseñador, editor, debuxante, avogado, gravador e xornalista! ... E preguntou Luís que que facía falta para ser quen de adicarse a todas estas cousas na vida; e curiosamente, nos dous grupos (Primeiro o 3º ciclo, e nunha segunda sesión, o 2º), contestaron o mesmo e na mesma orde: moi intelixente e moi traballador.
Contounos que sempre estivo do lado dos máis débiles como avogado. Nos seus cadros, nos seus murais, nas pinturas, gravados... sempre Galicia como tema de fondo: a emigración, os galegos e galegas, a cultura, a tradición...
Hoxe achegámonos máis á súa figura. Un audiovisual serviu para comprender a súa obra; e despois, como non era menos, puxemos mans á obra.
A continuación tedes os resultados de todo isto. Primeiro as fotos de 5º e 6º.
Despois tiveron outra sesión os nenos e nenas do 2º ciclo
E estes son os seus traballos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario