sábado, 5 de xuño de 2010

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

A semana pasada estivemos a facer papel reciclado e esta semana seguiremos a traballar para que a conciencia nos recorde a importancia de coidar o noso entorno, de mimalo e respectalo para entregarllelo aos nosos fillos e fillas, e netos e netas máis fermoso e máis san do que agora está.
A Biblioteca tamén aportou o seu gran de area coa exposición de libros sobre a natureza: animais, plantas, zonas castigadas do planeta...
Aquí vos deixamos as fotos,
e o luns... a seguir traballando...

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Hola chispa son Victor de Catabois e encantame o do día do medio ambiente.támen xa de paso querria dar recordos atodos os profesores e alumnos do centro que me coñecen.

Moitos Bicos

Víctor Saavedra Pérez

Cris dixo...

É certo que é moi importante coidar o medio ambiente no que vivimos e que é responsabilidade de todos separar para reciclar.
A exposición quedou fermosísima e, como non, os traballos dos nosos nenos e nenas.
Un biquiño. A profe Cris.

Anónimo dixo...

Veña nenos hai que coidar o medio ambiente e esforzaros moito en reciclar e todas esas cousas que axudan moito a ter un mundo moito mellor.
Moitos biquiños Gloria.