mércores, 23 de xuño de 2010

DESPEDIDA DO CURSO


Unha última carta e as últimas recomendacións de Chispa deron peche a este curso. Esperamos que disfrutedes dun marabilloso verán cheo de momentos de lecer na compaña de bos libros. Vémonos en setembro coas pilas cargadas.
Deixámosvos un vídeo que seguramente vos gustará. Vén das mans do noso compañeiro Antonio Martínez: "Biblioafonso": Biblioteca "O bosque animado". IES Afonso X O Sabio (Cambre)


3 comentarios:

Ana Martínez dixo...

Chao Chispa, ata pronto. Segue traballando así de ben e mandando esas maletas cheíñas de libros que tanto nos gustan.
Moitos biquiños,
Ana

Encarna dixo...

Desde o cole de Andrade desexámosvos que pasedes un bo verán. Seguro que tod@s colleremos novos folgos e chegaremos repletos de refrescantes ideas.
Moitos bicosssss...

profe Rosa dixo...

Pero que marcha para terminar o curso,Chispa!!! Encántame a canción dos BlackEyedPeas, pero esta versión rechíflame totalmente. Poderíamos lograr nós algo así??? Cántas horas de ensaios, non Chispa...??? ía ser peor que as horas diante da máquina de coser, pero pagaría a pena, non??? Eu quero velo en acción, e tí??? Moitos bicos e carga as pilas nas vacacións que en setembro haberá que volver ao 100% ... e máis.