martes, 14 de septiembre de 2010

LECTURA LAB - FGSR


Facémonos eco da boa nova que nos envían desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares. A Fundación Germán Sánchez Ruipérez crea unha comunidade 2.0, en español e inglés, adicada á promoción da lectura.
Lectura Lab e Children's Literacy Lab, segundo conta Rafael Muñoz, o seu Coordinador da Área de Formación, concíbense coma unha iniciativa impulsada desde España cunha vocación de servir de lugar de encontro e diálogo dos interesados na lectura e a alfabetización dixital tanto no continente americano coma en Europa.

Non deixedes de botar un vistazo a estes Consejos Para padres: Cómo contar un cuento y no morir en el intento (un clásico de nuestros laboratorios); agora que comeza o curso, seguro que todos poderemos aproveitar moitas ideas.

FELIZ COMEZO DE CURSO
E FELICES LECTURAS!

1 comentario:

RAIOTECA dijo...

Olaaaaaaaaaaaaaaa!!!
Un agarimoso saúdo desde a biblio do ceip de Andrade. Un bico moi especial para a nosa amiga CHISPA.
Vémonos.