mércores, 17 de novembro de 2010

BIBLIOTECA NO AEROPORTO!! FANTÁSTICO!




A profe Rosa envioume un enlace a unha noticia moi agradable para os meus oídos. E eu mirando e mirando cheguei a "The New York Times", onde explica que no Aeroporto Schiphol, de Amsterdam, hai aberta unha biblioteca que conta cuns 1200 libros escritos en máis de dúas ducias de idiomas, pero todos son libros de autores holandeses, ao igual que a temática. Así, algúns pasaxeiros que teñen que esperar moitas horas no aeroporto, teñen a oportunidade de coñecer Holanda a través dos libros.

A que é interesante?

4 comentarios:

profe Rosa dixo...

Pois se vou esta Semana Santa (cousa moi probable, por certo)penso deixar un marcapáxinas deses tan chulos de "Biblioteca Xoán Farias" agochado no libro infantil máis fermoso que atope ;P

Anónimo dixo...

nos encanta este blog.







PAULA.C.Y FABIO

Chispa dixo...

GUAY!, GUAY!, GUAY!!!!!!! Gústame a idea.

O Segrel do Penedo dixo...

Gústanos o artigo e esa fantástica idea que a profe Rosa acaba de compartir, e que nós, se ela nolo permite, pensamos poñer en práctica... Marcapáxinas das nosas bibes polo mundo!! Fermoso, non sí?