Como vimos facendo nos últimos anos, as bibliotecas dos centros públicos de Ferrolterra xuntámonos cada mes para compartir proxectos, ideas, algo ou moito de tempo e traballo. Desta vez houbo un pequeno cambio. E é que a reunión fíxose nunha biblioteca. Que boa idea! ¿Que mellor lugar para falar das mesmas?
Temos un proxecto en vista cara ao 2 de abril, o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil, sobre Xoán Farias. Pero xa vos iremos adiantando de que se trata.
Mentres, fixádevos cantas biblios xuntas nunha soa tarde para falar de libros e máis cousas...
A Biblioteca do CPI Conde De Fenosa, de Ares, a Biblio do CEIP A Unión Mugardesa, a do CEIP José Mª Lage, de Ortigueira; a Biblio do CPI de San Sadurniño; a do CEIP O Ramo, e "O Segrel do Penedo", do IES de Fene; a Biblio do CEIP de San Isidro e a do IES Fernando Esquío, de Neda; a Biblio de Andrade e a do CEIP Couceiro Freijomil, de Pontedeume; e a do CEIP Manuel Masdías, do CEIP A Solaina, a do Isaac Peral, a Biblio do CEIP Juan de Lángara, a do IES Concepción Arenal, e nós: a Biblio Xoán Farias, de Pazos.
Ata a próxima, que cremos, será na do IES de Neda. ¿A que si?
E antes de que haxa protestas... A culpa de tantas fotos é de Loly, que ten un tic no dedo co que preme o botón da cámara. Eu só fixen dúas ou tres. Hi, hi, hi!
5 comentarios:
Tremenda a reportaxe de Loly!!! Pero esta muller a que velocidade disparaba a cámara???
Sentín moito ter que marchar, vaia grupiño de xente guai!!! Espero encontrarvos noutra ocasión.
E ese libro-agasallo... hummmm... que boa pinta, non??? Paréceme que é dos que me gustan, verdade Chispa??? ;P
Xa o dicía miña nai "Deus dea a quen botarlle as culpas..."!! Pero que saibades que foi un placer compartir esta tarde con tod@s vós nunha biblio que é un verdadeiro referente. Parabéns ás magníficas anfitrionas Rosana, Profe Rosa, Feli e por suposto a Chispa que nos fixo un fermosísimo agasallo.
Apertas de mel dende Fene!!
Bueno, bueno, bueno... e iso que non ían ser para hoxe as fotos!!!!
Que rapidez!!!!
Moitas grazas ás anfitrionas e a todo o grupo por deixarnos entrar a outr@s que coma a min, partimos de 0 nesta andaina bibliotecaria, pero que temos un montón de gañas. E a ver se algún día, con moito traballo, coma o voso, logramos unhas biblios tan chulas e con tan bos materiais e funcionamento, coma as vosas. Grazas!!!!
Bea
Non estaban boas as pastas?...as que somos de bo dente ...
Moitas grazas a todas as" profas" de Pazos pola boa acollida e noraboa pola vosa biblio.
Bcs.
Unha biblioteca e unha bibliotecaria con moita Chispa. Parabéns por saber crear ese ambiente tan agradable que sempre se respira na vosa Biblio.
Unha agarimosa aperta.
Publicar un comentario