mércores, 8 de decembro de 2010

O INFORME PISA 2009 CÉNTRASE NA COMPRENSIÓN LECTORA

Vimos de coñecer o Informe do Programa Internacional para a Avaliación dos Estudantes o Informe PISA. Lévanos a feflexionar sobre algunha cuestión como é o papel importante e indiscutible da comprensión lectora como competencia que afecta a todas as demais áreas do currículo. PISA non mide coñecementos; PISA mide COMPETENCIAS BÁSICAS.
Nesta competencia España sitúase no nivel 3 (Bo) xunto a países como Alemaña, Francia ou Reino Unido; 20 puntos máis que a última vez que se fixo unha medición, no ano 2006; e Galicia está un pouco por riba desa media, con cinco puntos máis.
Nestas páxinas que tes a continuación poderás ver diferentes lecturas deste informe
Na páxina do Ministerio de Educación
No blog de Dinamización Lingüística do CEIP de Pazos
No blog de ANIMACIÓN Á LECTURA da biblioteca do IES de POIO
No blog Nosotros Competentes para una educación basada en competencias
Informe PISA na Wikipedia

1 comentario:

Leo dixo...

E digo eu que nesa millora dos reultados PISA algo terá que ver o traballo diario a prol da lectura, a escritura e a ALFIN de bibliotecas escolares como a de Chispa. Non?