jueves, 20 de octubre de 2011

OUTONO NA BIBLIOTECA



Os contos de medo, de seres fantásticos, de vampiros, de monstros e dragóns, os libros que fixemos nós noutros outonos; todos, todos eles están na Exposición da Biblio dende a semana pasada.
Imos collendo ritmo e xa empezan as primeiras cartas a Chispa, as lecturas de grandes a pequenos, xa empeza o movemento, e é tan agradable...

Uns sombreiros de bruxa están pendurados do noso teito xunto cunha vasoira voadora. Non sabemos se terá relación cos contos de medo e outros máis que estamos a elaborar nas clases.
Xa empezan a desfilar ideas, ilustracións, plantillas, portadas, libros e máis libros buscando lectores e escritores que nos fagan vibrar con máxicas historias.

Esperámosvos na BIBLIO. Esperamos os vosos contos, como cada ano. Ánimo e a ler e a escribir ata poñer os PELOS DE PUNTAAAAAAA!

1 comentario:

Ana dijo...

Coma sempre, encántame a decoración da biblio, está xenial. Chispa dille a Alba que parece toda unha bibliotecaria e aos nenos que ... os boto moitísimo de menos. Un biquiño.