venres, 21 de outubro de 2011

ACTIVIDADES PARA O 24 DE OUTUBRO


Animámosvos a participar das actividades que teremos na Biblioteca o vindeiro luns. Xa está todo preparado e só faltades VÓS!

Xa sabedes: obradoiro de contos para os maiores, audiovisual para os pequenos; e para todos os que queirades, na hora do recreo Paula Cobo anímase a contar un conto de medo...

Si que temos cousas que celebrar. Viva a festa da lectura!
VIVA!

2 comentarios:

profes de infantil dixo...

Que teñades mañá unha feliz celebración no voso día. Bicos.

Anónimo dixo...

Os amores de Bruno é un libro moi bonito escrito por Antón Cortizas, un escritor moi famoso e moi listo.El veu un día oa noso colexo pero eu non estaba alí para velo.Os meus amigos e amigas dixeronme que o pasaran moi ben ese mesmo día.