"O misterio da pucha vermella" pertence ao libro colectivo do curso pasado, "Os contos do outono" que entre todos os cursos fomos enchendo con historias inventadas nas clases, algunhas en grupo, outras individuais, esta actividade xa ten unha tradición no noso cole e grazas a ela somos quen de pensar, crear, imaxinar moitos contos novos cada ano. Imos facendo unha canteira de escritores, e unhas historias levarán a outras, e a outras, e a outras. Medrarán, quedarán no noso recordo, e seguro que algún dano darán os seus froitos.
Paula CoboMenéndez agasallounos no recreo de hoxe cunha desas historias. Fixo tres grandes esforzos: o primeiro, preparar o conto, memorizalo...; segundo, ser quen de contarllo a o público, tarefa nada doada; e terceiro, elaborar a man un recordo para cada un dos asistentes á actividade: un pequeno ratiño cunha pucha... ¿vermella?
Moitas grazas, Paula. Estou moi orgullosa de ti. Espero verte algún día polo País dos Libros mercando algunha fermosa historia para compartir con alguén. Ánimo e cando queiras, invitámoste a que contes outro...s.
EXPOSICIÓN ORAL (Apoio en IMPRESS) "MULLERES"
-
[image: https://photos.app.goo.gl/Y2evvftTfB4yVw4D3]
Estas semanas pasadas estivemos preparando uns traballos sobre mulleres que
destacaron ou destacan na ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario