martes, 20 de decembro de 2011

CONOCERNOS PARA QUERERNOS


Dentro do proxecto "CONOCERNOS PARA QUERERNOS", que están a realizar os nenos e nenas de 6º, publicamos o libriño que elaboraron como presentación para os outros nenos e nenas de edades similares que nos esperan en Smara. Este é o resultado que queremos compartir con vós. O orixinal vai de camiño e esperamos que moi axiña chegue ao seu destino.


Ás veces é complicado concretar unha idea. Cando nun proxecto coma este interveñen varias bibliotecas, pode complicarse aínda máis. "Conocernos para querernos" naceu o curso pasado; a finais do curso pasado, como idea fermosa e perigosamente contaxiosa da mans das compañeiras da biblioteca do Peraliño (CEIP Isaac Peral). A xuntanza posterior con Gonzalo Moure acabou por derribar os muros que podían quedar. É unha tentación, despois de coñecer a realidade do Bubisher e de El Nido del Bubisher, non participar enviando a nosa minúscula aportación. O que acabades de ver nesta presentación é simplemente iso: un primeiro contacto. Despois virán outros pequenos traballos que vos iremos amosando.
Ás veces é complicado concretar unha idea, pero creo que o conseguiremos...

1 comentario:

O Segrel do Penedo dixo...

E tanto que o conseguíchedes, que o conseguimos... para O Segrel é un verdadeiro placer compartir con vós este marabilloso proxecto. Parabéns polo voso fermoso traballo.
Apertas de mel dende Fene