Naceu, Isaac, o 22 de agosto de 1920; hoxe, nos primeiros días do recén estreado 2012, enterámonos do seu pasamento. O xigante comprimido, como o calificou Valentín Paz Andrade, morreu aos 91 anos.
Isaac era fillo de Camilo Díaz Baliño, intelectual galeguista ferrolán, membro das Irmandades da Fala, e fusilado ao comezo da Guerra Civil (Cerceda, A Coruña, 1936)
E este é o poema que no cárcere lle deixou ao seu fillo, Isaac, escrito nun pedaciño de papel.
PRA VÓS
Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña
forxada na Irmandá
e quero ver brilar a lús desa estreliña
hastra chegar cegar.
Que vexan os demais n´esa estreliña
a lúa da Libertá,
que vexan que o tesouro mais querido
ten o seu brilar
Estreliña feituca de cariños,
estrela do meu lar,
que sempre te levei como reliquia
de Terra, Dios e Nai.
Xa te deixo prendida no meu fillo
para sempre endexamaiS
Ningún comentario:
Publicar un comentario