viernes, 27 de enero de 2012

ÁLBUMES PARA O NIÑO

101 libros de toda Galicia viaxan para EL Nido del Bubisher. O pasado decembro xurdiu unha marabillosa idea en torno á recén creada biblioteca de Smara. A nosa compañeira Maribel, da biblio de Os Casais, pensou que se cada biblio puidese enviar un libro, un álbum ilustrado, a "ese niño" sería unha forma doada de axudar a que esa biblioteca vaia medrando. E xa se sabe que cando máis cabezas se poñen a pensar, máis ideas xurden; así que Loly, de O Segrel do Penedo, botou a súa man e entre as dúas liaron unha boa... Un simple comentario no foro do PLAMBE e voilà: 101 bibliotecas pensaron que a idea era SÚ-PER-MA-RA-BI-LLO-SA.
Así se resume máis ou menos, non? Confeccionouse unha lista cuns títulos seleccionados e cada quen foi escollendo o seu. Cada zona encargouse de xuntar e enviar os lotes a unha colaboradora que partiría directamente para Smara. Parece sinxelo, pero cómpre agradecer as ideas, o traballo extra e o "encaixe de bolillos" para facer que todo cadrase a Maribel e a Loly. E a Gabriela por mediar co CFR para que eses libros viaxasen de xeito tan "cómodo". E ás 101 biblios por converter unha "pequena idea" nunha "tan grande realidade". (Perdón polo de "pequena")
Nós escollemos "El misterio de Julia", e esta é a dedicatoria que lles enviamos. A que quedou chuli?
"El misterio de Julia" é un fermoso conto de Pintar-Pintar Editorial, escrito por Ángela Sánchez Vallina, ilustrado por Blanca BK. O mundo de Julia vese rapidamente transformado, e axiña comprende que algo non vai ben, ao igual que os seus pais que acuden a unha especialista porque Julia non oe ben... Recomendámosvos a súa lectura!
Atopamos esta presentación aquí:

2 comentarios:

Ana dijo...

¡Qué detallazo! Una idea genial. Biquiños.

Anónimo dijo...

hola