Lemos este libro de Gonzalo Moure en todos os cursos do 2º e 3º ciclos porque pareceunos un tema interesante que nos daría pé a facer unha reflexión sobre a nosa relación cos libos.
Neste caso, a protagonista, Malva, ten un serio problema, e é que desde que aprendeu a ler acabóuselle iso de que mamá ou papá lle lesen libros na cama á hora de durmir. ¡Que traxedia! Aquel "cama e conto" era o seu contrasinal de "preparadas, listas, xa!" para disfrutar dun momento especial no que nai e filla vivían as historias que aquela lle contaba a esta. Seica agora sempre tiñan cousas máis importantes que facer: que se correxir exames, ou pasar o ferro, ou... ¡Aiiii! Malva ten que reaccionar para salvar esta situación e facerlles ver aos seus papás que están a cometer un grave erro...
“Plantácheste diante miña, cortándome o paso (desde a cociña á sala), cruzácheste de brazos, moi seria, e, ¿lembras?, dixéchesme:
-Pois se estades tan cansos, os dous, ¡para a cama!
Ao principio rin, un pouco sorprendida, pero logo, como ti insistías, mirei o reloxo, vin que eran as nove da noite, e contesteiche, sen entender nada aínda:
-É que aínda non teño sono.
O teu pai ergueuse. Saíu ao corredor.
-¿Como que para cama? –preguntouche.
Sorriches co sorriso que adoitabas pór para asustar os nenos do parque, e dixeches con voz de bruxa:
-Pero, ¿non me dixestes que estabades taaaaan cansos?”
Cama e conto está ilustrado por Lucía Serrano. Mirade que entrevista tan bonita ten colgada no seu blog.
Está publicado pola Editorial Xerais, e Anaya ofrécenos a guía en castelán á que tedes acceso desde aquí.
Este é un fragmento de "Cama e conto" en vídeo, de Teatro Babaluva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario