mércores, 15 de febreiro de 2012

PALABRAS DE CARAMELO


Indudablemente deixa pegada en quen o le, non si? A relación entre Caramelo, o pequeno camelo, e Kori, un neno saharaui, xordomudo, que vive nun dos campamentos de refuxiados, provoca en nós un fato de sensacións. Axuda a reflexionar sobre as relacións, a comunicación, e, como non, no problema do pobo saharaui.
Kori recoñece as palabras polos movementos dos beizos e é quen de ter longas charlas co seu amigo Caramelo.

"O animaliño mirou para Kori e moveu os labios.
Kori entendeu: Labios redondos, Boca estirada. É dicir, Kori.

, pensou Kori.
Fíxolle un sinal e ergueu os dedos dunha man. Quería dicir:
O cameliño seguiu a mover os labios, e Kori entendeu: Labios abertos, Labios pechados, Labios abertos, Labios pechados...
Kori riu outra vez e pasou a man pola cachola do pequeno. Sentiuna suave e morna.

No seu maxín, Kori chamoulle ao huar Caramelo."

Se cadra poida interesarvos o artigo sobre este libro da Revista Babar.

¿Queredes saber algo máis sobre os camelos? ¿Hai algunha diferencia cos dromedarios? Si, claro!! Pinchade aquí.
E se liches, seguro que non che será difícil decidir:
A Editorial Xerais ofrécenos esta guía para traballar "Palabras de Caramelo".

1 comentario:

Anónimo dixo...

Ola, estes días na Hora de Ler estamos dedicándoa só a Gonzalo Moure Trenor.Palabras de Caramelo lémola xa hai moito tempo.Encantounos,recomendámolo.

Saúdos de Alba e Andrea.Curso sexto.