luns, 13 de febreiro de 2012

EL OSO QUE LEÍA NIÑOS


Ñum-Ñum é un pequeno oso que vive no bosque, en Asturias, xunto á súa familia. Ñum-Ñum non é un oso normal; é un oso de conto!
Un día a súa felicidade vese alterada cando uns cazadores o atrapan nunha rede e o separan dos pais e os irmáns. Viaxa nun barco cara a un zoo . E así, engaiolado, descubre que pode ler os ollos dos nenos e nenas cada vez que estes abren o conto no que vive. ¡Que historia! ¿verdade?
¿Sabedes como acaba? Algo ocurre o día en que quen abre o libro é Sindo. Algo le nos seus ollos que novamente cambiará o seu destino.

Gonzalo Moure é un escritor querido por todos nós, e este curso, aproveitando a nosa participación no proxecto "Coñecernos para querernos", no que Sáhara, Bubisher e Moure van unidos, decidimos coñecer algo máis da súa obra. Libros como este que, aínda que son para nenos máis pequenos ca nós, teñen moitísimo interese por como están escritos, e pola súa temática, como comprender os problemas dos demais, ou ser quen de superar as dificultades, ou o respecto polo medio ambiente.

"Y justo entonces se dio cuenta de que aquellos ojos eran, en algo, distintos a los del cazador. ¡Eran ojos de cachorro! Ni siquiera se le había ocurrido que hubiera cachorros de hombre, pero, ahora ya no le cabía ninguna duda.
Más tranquilo, porque un cachorro no es nunca tan peligroso como el animal adulto, se fue acercando a los barrotes de la jaula para ver más de cerca aquel enorme par de ojos"

Ningún comentario: