martes, 31 de xaneiro de 2012

CELEBRAMOS A PAZ: Un ano máis, un libro colectivo máis.

Onte no colexio celebramos o día da Paz. Ás doce e cuarto todo o alumnado do centro lemos e cantamos no salón de actos.
Durante toda a semana estivemos elaborando o libro colectivo coma todos os anos. Este ano foi especial porque todos os traballos tiñan relación cos nenos e nenas dos campamentos de refuxiados do Sáhara Occidental, xa que estamos no proxecto de intercambio "Conocernos para querernos". Logo, estivemos a cofeccionar o libro buscando información sobre a súa ubicación, idioma, forma de escribir, vivenda, costumes, vestimentas tradicionais, cultura en xeral... Co esforzo de todos e todas conseguimos o oitavo LIBRO COLECTIVO DA PAZ.
Aproveitando esta data tamén decidimos donar para eles libretas e lapis que estamos xuntando nunha caixa. Chispa enviounos unha carta para ver que nos parecía esta idea e CLARO!!, nada mellor para facelo que aproveitar unha celebración tan importante como a do Día da Paz...

Cada un de nós fixo frases, palabras e debuxos sobre unha plantilla de jaima, que penduramos na cortiza. (Neste enlace atopamos moita información sobre as construcións primitivas, entre as que se nomea a "jaima". Se queres afondar no tema, pincha aquí.), e xunto cos libros relacionados coa Paz que fomos lendo estes días pasados e seguiremos durante toda a semana,
temos montada unha fermosa exposición na entrada.





3 comentarios:

Anónimo dixo...

Feliz día de la paz para tod@s las personas del Cole de Pazos y tan necesaria para todos el mundo. Mis deseos son que cada uno de nosostros podamos mantener nuestra paz interior en los tiempos tan desafiantes que estamos viviendo y que haya mucha expansión y contagio del significado "PAZ". Un beso.
La mamá de Dani, de 5 años.

olga dixo...

Coñecernos para querernos... e para sermos quen de atopar o millor que hai en cada un de nós.
Bicos.

Ana Martínez dixo...

Moi feliz día de la paz, compis,seguriño que vos quedou un libro da paz tan fermoso ou máis cos anteriores. Biquiños.