miércoles, 7 de marzo de 2012

GONZALO MOURE NOS VISITA

¡¡E por fin chegou o día!!
O luns á tardiña quedou todo preparado. Os últimos detalles: a entrada, a exposición coas ilustracións dos seus contos, os traballos, os últimos vencellos voando sobre os seus libros; Malva ben pegada á parede, os seus papás ben arroupados, a lúa vixiando; a cadeira de Gonzalo, as nosas ; o Libro Colectivo da Paz sobre o Sáhara, as "jaimas" da paz cos mellores desexos; e todas as ilusións contidas e o segredo ben gardado de como iamos esperar a Gonzalo Moure ao día seguinte.





Todos estabamos na Biblioteca, ¡DURMINDO! A cortina negra que colgamos da porta evitaba que a luz do corredor entrase; apagamos as luces e só deixamos acesas as pequenas da habitación dos papás de Malva, máis a cheminea, e a luz da lúa, que foi a nosa cómplice en todo momento. E así esperamos, quietiños todos, en silencio e arriscando un ollo, a que Gonzalo entrase e pronunciase o "abracadabra": "CAAAMA E COOONTO". Daquela houbo aplausos e unha calorosa benvida.
O noso é un cole pequeniño, como ben sabedes, e nestas ocasións encántanos que sexa así. Na Biblioteca estabamos todos. Sería unha pena que non puidesemos ter feito isto xuntos. Ao mesmo tempo, Zzzzzzz. Ao mesmo tempo, CAMA E CONTO!!!!!
Cando os pequenos marcharon (moitos non de moi boa gana), os maiores disfrutaron absorbendo cada palabra e seguro que cada xesto e cada movemento seu.
Contounos como nacen as súas historias: detrás de cada libro, moitas realidades. Fixo posible que o Sáhara entrase nos nosos corazóns prendendo unha chispiña que no futuro poderá medrar e transformarse en compromiso. E grazas a el tamén nos achegamos un pouco máis a nós mesmos; soubemos da escaleira de caracol, dos bosques de folla caduca, da vida...


¡GRAZAS, GONZALO. Emocionáchesnos!


Grazas á Editorial Anaya - Xerais por facer realidade esta esperada visita.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Cama e conto! Nunca antes tuvo tanto sentido lanzar ese grito, esa clave de rebelión y complicidad. Lo dije, lo grité, y ahí estábais todos, saliendo del sueño, dispuestos a compartir palabras, presente y futuro.
"Si lees pasan muchas cosas", "Conocernos para querernos", tantas y tantas recetas para entender mejor la vida. No lo sabéis, no lo podéis saber tan bien como yo, pero tenéis la suerte de estudiar en un colegio que cree en el futuro, en vosotros, en lo maravilloso que es darle a un niño, del Sáhara o de Galicia, las herramientas para crecer, para ser él mismo.
Gracias a todos por hacerme pasar las mejores horas en vuestra compañía.
Gonzalo.

Anónimo dijo...

Gonzalo a nosotros también nos gustó que vinieras a nuetro cole. Compramos muchos libros tuyos y fuiste muy agradable con todos los niños. Un beso de tu amiga, Carolina.

Anónimo dijo...

Gonzalo, a nosotros también nos gustó que vinieras a nuestro cole. Compramos muchos libros tuyos y fuiste muy agradable con todos los niños.
Un beso de tu amiga, Carolina.