Ante a vindeira visita do escritor Gonzalo Moure, pensamos facer dúas sesións previas. Por un lado os máis peques do cole: infantil e 1º ciclo; polo outro, 3º, 4º, 5º e 6º.
*As profes contáronlles ao longo destes días, aos pequenos, "Nacho Chichones" e "El mejor amigo del perro", pero hoxe, na biblio, e cun decorado como o que montamos, tiñan que escoitar "Cama e conto", claro. Ademais necesitabamos prepararlle unha sorpresa a Gonzalo, e para iso hai que reunirse e programar como... Era importante a complicidade de todos...
* Despois do recreo tocoulles o turno ao 2º e o 3º ciclos. Levamos semanas lendo os seus libros. Como se isto fose unha maratón, as lecturas empezaron a circular. O mellor de todo foi que houbo unha especie de contaxio xeneralizado entre o alumnado e o profesorado, e os seus libros flúen de man en man e de corazón en corazón.
"Palabras de Caramelo" xa é un "clásico", ¿non si?, pero descubrimos moitos outros contos, para grandes e para peques, que non leramos; e en todas atopamos tantas cousas das que falar, e tanto sobre o que reflexionar.
A sesión cos maiores pretendeu recordar todo o que levamos traballado ao longo deste curso; o Sáhara, o Bubisher, o proxecto "Coñecernos para querernos". Gonzalo Moure é a ponte que nos une con Kori e con Caramelo, e con moitas ilusións e seguro que futuras realidades.
O martes 6 de marzo, ¡por fin! poderemos recibilo na nosa Biblioteca.

Ningún comentario:
Publicar un comentario