jueves, 25 de octubre de 2012

COGOMELOS

Hoxe en CADERNOS DE QUINTO E SEXTO tedes moita información e un montón de imaxes sobre a xornada  que tivemos pola mañá guiados por Pepe, da Asociación micolóxica Viriato.
Aquí amosámosvos os libros que nos recomendou de entre os que escoller para ampliar a nosa biblioteca. 
   
Por certo "Os cogomelos na cociña e outras cousas" xa forma parte dos nosos fondos e está á disposición de quen o necesite para probar algunha receita novedosa e exquisita. Unha publicación da Asociación Micolóxica Viriato editada por Baía. Tal e como di na súa contraportada "É unha singular achega á literatura gastronómica.". Un pequeno e manexable libro de 120 páxinas que consta de tres partes. A primeira, "Na cociña cos cogomelos"; a segunda, "Receitas"; e a terceira: "Da nosa asociación".
Recomendámosvolo!

2 comentarios:

Ana dijo...

Que boa pintiña teñen eses cogomelos! Seguriño que aprendíchedes moitísimas cousas sobre eles. Unha aperta.

Anónimo dijo...

k guay en mi insti no se hacen cosas asi:(
paula cobo menendez