O pasado 9 de novembro asistimos na Biblioteca á lectura dos contos de medo gañadores do concurso que o Equipo de Normalización Lingüística organizou este outono. Irene e Lucas foron os gañadores e por iso leron os seus contos aos compañeiros e compañeiras. Mmmmm... Estou pensando que teremos que falar con estes dous novos escritores para ver se nos deixan publicar a súa obra. Mmmmm... Haberá que resolver este pequeno problema mañá mesmo!
Tamén vimos o audivisual "A castañeira", un conto popular catalán, montado coa voces do alumnado de 5º e 6º.
Tamén vimos o audivisual "A castañeira", un conto popular catalán, montado coa voces do alumnado de 5º e 6º.
Despois tamén houbo lectura dos poemas, adiviñas e refráns que traballamos ao longo deste outono e que adornan a árbore do mural da entrada. En fin, que ese día, que celebramos tantas cousas xuntas: magosto, samaín, día do peón... decidimos que a mellor forma de comezar era facelo na biblio para gozar das nosas letras; das dos nosos pequenos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario