Como vos contabamos onte, esta mañá fixemos dúas visitas á Fundación Nova Caixa Galicia para ver unha exposición sobre o Centenario do Ferrocarril Betanzos - Ferrol.
Organizaron varias actividades para dar a coñecer este apaixonante mundo. Fixámonos nalgunhas das pezas que formaban a exposición e descubrimos a súa función. Os pequenos tiveron un obradoiro onde confeccionaron un tren unindo os vagóns que veredes a continuación. Os maiores xogaron a adiviñar utilidades dos aparatos e a inventar historias relacionadas.

Primeiro realizaron a visita os máis pequenos, Infantil e 1º de Primaria:
E agora podedes ver algúns vídeos para grandes e peques: información sobre os trenes a vapor, cancións, trenes moi rápidos, trenes máis rápidos. Invítovos a pasar:
1 comentario:
Seguro que disfrutaron un montón. Unha aperta.
Publicar un comentario