¡Un saúdo para a prensa! |
Para inaugurar o mes de maio, Sofía, Alejandra e Irene, de 2º curso de primaria, contaron na hora do recreo ERNESTO BO DÍA, texto de José Campanari, e ilustracións de Joao Vaz de Carvalho.
Este conto transmítenos unha mensaxe de confianza en nós mesmos, para non perder o ánimo cando as cousas se poñen difíciles. "A cita era ás seis, nin un minuto antes, nin un minuto despois"
Este conto transmítenos unha mensaxe de confianza en nós mesmos, para non perder o ánimo cando as cousas se poñen difíciles. "A cita era ás seis, nin un minuto antes, nin un minuto despois"
Parece que temos ante nós a tres boas lectoras, pero, ademais agradecemos moito que fosen tan valentes de contar o conto diante dos seus compañeiros. Fixérono de marabilla e merecen a nosa noraboa.
Se queredes escoitar ao propio autor de Ernesto bo día, contando un breve conto, non tedes máis que ver o seguinte vídeo: "UN PAR DE ZAPATOS", de e por José Campanari:
Como agasallo déronnos un debuxo de Ernesto; un semellante a este. A diferenza é que este ten unha dedicatoria. Xa sei que está algo modificada, pero é que así sérvenos a todos e todas. ¡A outra é para min soíña!
E ISO É TODO POR HOXE.
¡FELICIDADES, MOZAS!
ESTADES INVITADAS A CONTAR OUTRO
CANDO O DESEXEDES.
¡QUE TEÑADES UN BO DÍA!
e recordade sempre que...
¡Ao mal tempo, boa cara!
; )
1 comentario:
Imaxino que esas tres artistas, faríanno fenomenal, non si? Unha aperta.
Publicar un comentario