Continuamos con contacontos nos recreos. Levaban xa uns días á cola e, ¡por fin!, chegou o momento. Contaron "A ratiña presumida". A versión que nos contaron é a da Editorial SM, da colección "De dos en dos".
Unha vez máis temos que felicitar ao noso alumnado: a Joanna, de 3º, por ler e guiar tan ben este conto; e a Andrea e Marisol pola súa fabulosa interpretación. ¡Moitas felicidades! Para o vindeiro venres prometeron repetir. ¡¿Será verdade?! Xa teñen escollido o conto, será "O parruliño feo", logo deben de ir en serio. ¡ESPERÁMOSVOS!
Por certo, para que vaiades sabendo: o luns Aitana e Shakira, acompañadas de Ezequiel, contarán "Os catro amigos". Preparádeo ben que estamos desexando escoitarvos.¡Ata o luns!
E navegando, navegando, atopamos unha versión escrita con pictogramas (Autoras: Marta López Viso, Ruth Rodríguez Pérez, María Yáñez Calviño) e este vídeo:
Tamén recordaredes que na celebración do "Día da Poesía e o teatro" que celebramos conxuntamente na biblio o día 22 de marzo puidemos ver a versión galega de Bernardino Graña, "Rata linda de Compostela", interpretada polo alumnado do 3º ciclo.
1 comentario:
Un besito para las tres por tan buen trabajo realizado.
Publicar un comentario