xoves, 2 de maio de 2013

ERNESTO BO DÍA, por ¡Irene, Sofía e Alejandra!

¡Un saúdo para a prensa!
Para inaugurar o mes de maio, Sofía, Alejandra e Irene, de 2º curso de primaria, contaron na hora do recreo  ERNESTO BO DÍA,  texto de José Campanari, e ilustracións de Joao Vaz de Carvalho. 
Este conto transmítenos unha mensaxe de confianza en nós mesmos, para non perder o ánimo cando as cousas se poñen difíciles.  "A cita era ás seis, nin un minuto antes, nin un minuto despois"
Parece que temos ante nós a tres boas lectoras, pero, ademais agradecemos moito que fosen tan valentes de contar o conto diante dos seus compañeiros. Fixérono de marabilla e merecen a nosa noraboa.
¿Queredes ver as fotos?
Se queredes escoitar ao propio autor de Ernesto bo día, contando un breve conto, non tedes máis que ver o seguinte vídeo: "UN PAR DE ZAPATOS", de e por José Campanari:
Como agasallo déronnos un debuxo de Ernesto; un semellante a este. A diferenza é que este ten unha dedicatoria. Xa sei que está algo modificada, pero é que así sérvenos a todos e todas. ¡A outra é para min soíña!
 E ISO É TODO POR HOXE. 
¡FELICIDADES, MOZAS! 
ESTADES INVITADAS A CONTAR OUTRO 
CANDO O DESEXEDES.
¡QUE TEÑADES UN BO DÍA! 
e recordade sempre que...
¡Ao mal tempo, boa cara!
;

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Imaxino que esas tres artistas, faríanno fenomenal, non si? Unha aperta.