Como vos contabamos onte, hoxe tiñamos cita obrigada coa celebración das Letras Galegas. Este ano puxemos a proba as voces de todos nós, e cantamos, e cantamos. Tamén vimos unha presentación sobre Roberto Vidal Bolaño e houbo entre canción e canción un "Touporroutou" entre a Lúa e o Sol... Se queredes ver, este foi o programa e a continuación as fotos:
NORABOA A TODOS E TODAS polo esforzo que supuxo a estas alturas de curso preparar estas pequenas pero traballosas actuacións. NORABOA a Anxo e a Dani por levarse as camisetas de recordo. NORABOA A TODAS E TODOS por celebrar un ano máis AS LETRAS GALEGAS.
¡MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA GALICIA!
(... e a ver se deixa de chover...)
Pode que tamén che apeteza ver isto en Cadernos de Quinto e Sexto: Traballando as Letras Galegas en 5º e 6º
1 comentario:
Menuda celebración por todo o alto!!!!!! Un gran traballo en equipo. Un bico.
Publicar un comentario