mércores, 22 de maio de 2013

DESDE UNHA ESTRELA DISTANTE

"Desde unha estrela distante" é o último libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado por David Pintor e editado por Xerais.
A familia de Daniela está a facer un gran cambio nas súas vidas, mudarse a vivir  a Vigo. Toda a vida de Daniela, os seus completos nove anos, pasounos en Lugo, e non comprende moi ben o feito de deixar a casa que coñece, o parque onde xoga e as amizades de sempre. Mentres dura esa mudanza, pasará uns días na casa da súa avoa. Buscando algo co que entreterse, decide subir ao faiado, sempre pechado, para remexer un pouco por alí... Do vello baúl cheíño de libros sae un inesperado personaxe que lle dá un susto de morte. Un rato que ten a capacidade de transformarse e comunicarse con ela para investigar como son os humanos. Un rato que é algo máis.
E se queredes saber o que vén a continuación, teredes que lelo. Nestes momentos está na clase de 5º e 6º, pero dentro duns días xa poderá circular polo resto do cole. De momento, é noso!
Ficha técnica e sinopse de "Desde unha estrela distante"
Blog de Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz en imaxes
"A construción do lector", intervención de Agustín Fernández Paz, nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares -PLAMBE-.
Imaxe: Axenda Cultura AELG
Blog de David Pintor
Galería de David Pintor na AGPI ( Asociación Galega de Profesionais da Ilustración)

Imaxe: David Pintor




1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Ten unha boísima pinta. GRazas pola recomendación. Un bico.