A profe Rosa, hoxe, no recreo contounos "O pito cairo", un conto popular portugués adaptado. A historia dun pito que un bo día atopa unha bolsa cheíña de moedas de ouro, e decide levarllas ao rei. Pero polo camiño bebe un río que se lle cruza no camiño, papa unha curuxa, un piñeiro e un raposo. Para a súa sorpresa, cando chega á corte, o rei pensa, ao velo tan gordo, papalo a el. Pero grazas ao río, á curuxa, ao piñeiro e ao raposo, líbrase do final tan catastrófico...
"O pito cairo" é un conto de Kalandraka. Podes atopalo nos contos da Colección do Trasno Comodín.
Grazas profe Rosa por contarnos este conto e repartir o "botín" con nós. Mmmmmm!
Grazas profe Rosa por contarnos este conto e repartir o "botín" con nós. Mmmmmm!
Podes entrar aquí se queres descargar actividades de Galego 21.
E buscando, buscando pola rede atopamos... E agora, as fotos da sesión:
1 comentario:
Vese que disfrutaron un montón co conto. Un bico.
Publicar un comentario