Estes son os seus compromisos:
Porque son AXUDANTE DA
BIBLIOTECA COMPROMÉTOME a:
1.
Asistir á Biblioteca o día que me toque axudar.
2. Merendar fóra antes, nos
primeiros cinco minutos.
3. Guiar aos nenos pequenos sempre de boas formas, axudándoos, recomendándolles as lecturas que a min me gustaron cando era coma eles.
4.
Andar amodiño sen facer ruído.
5.
Falar moi, moi baixiño e lembrárllelo aos pequenos que estean
na Biblioteca.
6. Coidar de que haxa silencio cando alguén conte un conto para o
grupo.
7.
Axudar a que cada neno
recolla cando soe a música que marca a fin do tempo de Biblioteca no recreo.
8. Colocar libros e mobiliario ao rematar o recreo.
9.
Colaborar coas profes encargadas no que me pidan.
10. Solicitar a súa axuda no caso de necesitala.
Estamos encantados coa súa axuda e desexamos que o curso estea cheo de felices lecturas compartidas e moitas actividades enriquecedoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario