sábado, 12 de outubro de 2013

A MIÑA PRIMEIRA ROSALÍA en concerto, no TEATRO JOFRE

Onte asistimos á presentación do LIBRO-DISCO, "A miña primeira Rosalía". Unha vez máis Xosé Lastra e Xiana Lastra fan realidade un proxecto deste tipo. ¿Recordades "O meu primeiro Celso Emilio"? Un libro ilustrado pola artista María Manuela, quen tamén canta xunto a Mini e Mero, e á propia Xiana. De novo gozamos coa súa música e pasamos un tempo marabilloso cos versos de Rosalía de Castro.
Pola nosa banda, adicamos boa parte da mañá a recordar os poemas de Rosalía e a cantar algunhas das cantigas que recordabamos do curso pasado. O mural que fixemos aínda adorna a parede da nosa BIBLIOTECA.
Despois chegou a hora e a media mañá collemos o autobús para chegar ás doce ao Teatro Jofre. Fixemos unhas cantas fotos que queremos que vexades; á chegada, durante o concerto, e con María Manuela, Xiana, Manolo e Xurxo, logo de remataren.

Ficha do libro. E más información no Blog de Xerais,   A Voz de Galicia, Facebook

Ningún comentario: