martes, 15 de octubre de 2013

CHÁMOME ASETU: Contacontos no recreo

"Chámome Asetu", de Baía Edicións foi o título que Alejandra, Irene, Sofía e Anxo escolleron para contar este luns. Resulta que Sofía non puido vir ao cole e un substituto ocupou o seu lugar, Kelly. Todos eles son nenos e nenas de 3º de Primaria, e pasaron un tempo escollendo e preparando o conto que pertence á colección de Os Dereitos do Neno e da Nena. Mapa, marionetas, proxección das imaxes do libro... Fixérono con tanta ilusión que non nos queda outra que felicitalos. Esperamos que esta non sexa a última vez que os vemos de contacontos. O curso está empezando e quedan moitos libros por contar, a que si?
Bicos para os catro de Chispa e noraboa pola vosa inauguración especial das sesións de CONTACONTOS NOS RECREOS!!!!
¿Queredes ver algunha foto?

1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Seguriño que o fixeron fenomenal, non si? Unha aperta para unha exprofe que se lembra moito de vos.