TÍTULO: “ A apócema da bruxa”
PERSONAXES: unha bruxa, un esqueleto, un gato
negro e un morcego.
ARGUMENTO:
Un esqueleto quere deixar de envellecer e recuperar o seu corpo de
humano. Para iso pídelle axuda á bruxa. A bruxa accede pero se equivoca e
convérteo en morcego.
AUTORES: Sonia, Lucas, Edu, Aitana, Alberto,
Cristian e Álex, de 5º curso de Primaria do CEIP de Pazos.
“A
APÓCEMA DA BRUXA”
Érase unha
vez un noxento, fedorento e articulado esqueleto que cando paseaba polo bosque
encantado asustaba ás pombas, que caían aos seus pés.
Canso dos seus
vellos ósos, un día de treboada, con lóstregos e enxordecedores tronos, decidiu
ir á casa enmeigada onde vivía a bruxa. Seguro que ela podería axudalo.
Chamou á
porta cun Toc-Toc seco. A porta abriuse lentamente emitindo un son moi agudo e
desagradable.
Unha fea,
verdosa e verruguenta bruxa remexía un caldo con vómitos de ra, ollos de cabra,
pelos de gorila e sucios estropallos. ¡Mmmm! ¡Que cheiro tan agradable! ¡Puag!
O esqueleto,
con moitos nervios no estómago, dirixiuse á bruxa para pedirlle axuda. Necesitaba
o seu antigo corpo de humano. Sentíase feo e lixado, e quería axuda; un conxuro
que cambiase os seus ósos por un fermoso corpo.
A bruxa
accedeu e pensou como podería facer. Díxolle que necesitaba uns caramelos de
sabor a cabaza; para ilo o esqueleto tería que ir facer “Truco Trato” polas portas dos seus inimigos.
O esqueleto obedeceu. A meiga mentres tanto mirou no seu libro de enfeitizos.
No momento en que máis concentrada estaba, o seu gato negro rabuñoulle na cara
e cambioulle a páxina. Daquela, a bruxa non se enterou deste cambio e fixo a
apócema de converter esqueletos en espantosos morcegos. Ha, ha, ha, ha, ha, ha!
O esqueleto,
sen dar tempo a máis, enguliuna dun rápido grolo. O efecto foi inmediato:
empezou a tremer, encoller e estirar ata que quedou convertido nun gran morcego
de ollos vermellos, moi parecidos aos dunha cabra. E unhas ás de dragón,
grandes negras.
A bruxa
quedou pasmada e ao gato deulle un ataque de risa, tan, tan, tan grande que a
bruxa, avergoñada, tentou desculparse
ante o morcego, pero todo era inútil. O mal xa estaba feito. ¡Haaaaa!! ¡Haaa!
Síntoo moito. Haaaa, haa!!!
E colorín
colorado este conto está acabado.
3 comentarios:
Gustoume un montón. Noraboa para tan bos escritores. Unha aperta.
É un conto divertido, aínda que non me gustou moito.
Ernesto.
Hola chamome Laura e són a hermana de Sonia.Encántame este blog.E a primeira vez que o visito.
Publicar un comentario