domingo, 3 de noviembre de 2013

CONTOS DE MEDO NA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E O SAMAÍN

Hugo contou o primeiro CONTO DE MEDO
O mércores 30 celebramos o Magosto e o Samaín. Como cada ano, os contos de medo protagonizaron gran parte da mañá. Elaboramos contos colectivos nas clases e ao final da celebración, reunímonos para lelos. Nuns días irémolos subindo. Estamos preparando o libro con todos eles. Esta é a portada. E a continuación, o resto das imaxes.