venres, 15 de novembro de 2013

Concurso do contacontos "LOS FANTASMAS Y LA BRUJA"


¿Que queredes que vos diga? Amontóansenos os contacontos, e polo tanto, as preguntas dos concursos. Nestes momentos temos dúas probas ao mesmo tempo. Puffff!! Pero para non nos equivocar, desta vez hai cores diferentes para cada unha delas. E, parece mentira pero vexo que hai quen non se rende e segue, e segue, e ¡SEGUE! Vale, vale, xa veremos o que ocurre nos seguintes contos. 
Por certo, o mércores que vén teremos no recreo a Alba, Sabela e Joanna, de 3º, para contar "A miña amiga a escuridade". ¿Recordádelo? Esperamos pasalo moi ben con esta nova versión.





1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Non dades feito. Claro con tan bos contacontos que non quere concursar despois? Unha aperta e moita sorte aos participantes.