xoves, 14 de novembro de 2013

Contacontos "LOS FANTASMAS Y LA BRUJA"

Xa sabedes que esta semana tiñamos tres contacontos. Onte tocoulles a Sofía e a Irene, dúas contacontos de 3º de primaria que se están a converter nunhas profesionais. Tiveron a inestimable axuda de Alejandra, que atendeu as luces e tamén incorporou algún efecto especial. O conto, "Los fantasmas y la bruja", da Colección Fantasmas, da Editorial Edelvives. Como vedes houbo moitos oídos atentos, e elas fixérono moi ben. Entre as fotos podedes ver o agasallo que repartiron, que é copia dunha das ilustracións do libro de Jacques Duquennoy.
Xa sei que vos gusta ver as fotos. Aquí as tedes. E recordade que cando o desexedes, podedes ser vós os que contedes un fermoso, ou terrorífico, ou simpático, ou solidario, ou..., ou MAGNÍFICO CONTO aos vosos compañeiros e compañeiras.
¡A BIBLIOTECA ESPÉRAVOS!

Ningún comentario: