xoves, 14 de novembro de 2013

Resultado do CONCURSO: "A xacia Luviñas"

Temos marabillosos ESCOITADORES DE CONTOS que atenden, comprenden e resolven preguntas coma se nada!!!! O conto "A xacia Luviñas" xa ten gañadores. Mmmmm, son eu ou dáme a impresión de que cada vez contestamos mellor? Non sei, non sei. En fin, xa sabedes que podedes pasar pola Biblio para recoller o voso marcapáxinas e sumalo aos anteriores. 
Aínda que non as publicamos  neste blog... ¿Recordades as preguntas?

1. Quen son os dous protagonistas? Os dous protagonistas son a xacia Luviñas e o barqueiro
2. ¿Como é o corpo dunha xacia? O corpo dunha xacia ten a metade inferior do corpo con forma de peixe e a superior con forma humana; neste caso dunha nena.
3. ¿Que se recomenda repartir ao final do conto? Ao final do conto recoméndase repartir moitas caricias. Aínda ca nós tamén repartimos apertas.

Os gañadores son:
Joanna, Shakira, Olaya, 
Sonia, Anxo, Dani (6º), 
Andrea, Lucas, Aitana e 
1 anónimo, que esqueceu poñer o nome, claro.

¿Que como o solucionaremos? Mmmm, terá que demostrar que sabe as respostas e que esa letra é a súa. Veremos se aparece algunha reclamación... 
¡NORABOA A TODOS E TODAS! ESTADE ATENTOS,  as preguntas momificadas xa están expostas. ¿Preparados? ¡¡¡Pois aí imooooooooooos!!!
* ¡Ehem!, un detalliño que esquecía, o libro "A xacia Luviñas" estivo retido mentres durou o concurso. Xa está á vosa disposición para todos aqueles que o queirades levar en empréstito.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Rosana vou a por todas as preguntas
LUCAS(5º)