domingo, 10 de novembro de 2013

CONTACONTOS "A XACIA LUVIÑAS"


Tal e como anunciamos o mércores, este venres tivemos contacontos no recreo, e ademais con melloras!! Aitana tivo a Sonia de colaboradora; ¡entre dúas mellor! Prepararon unha fermosa e pequerrecha xacia Luviñas, copiada da ilustración que tanto nos gustou de Cristina Ouro, para entregar como recordo aos nenos e nenas que quixeron escoitar este fermoso conto no que  Anxo Moure anima a coidar os ríos, os bosques e a parar as guerras. Pois si que facemos esas reflexións na escola moi a miúdo, a que si?
A sesión, como cabía esperar, rematou cun montón de cariciñas e apertas, e cos recordos que Sonia e Aitana repartiron.
Grazas ás dúas pola vosa colaboración. Cando queirades, máis!
¡E grazas a Anxo e Cristina por imaxinalo!

4 comentarios:

Anxo Moure Mosquera dixo...

Ola, son Anxo, acabo de ollar a vosa fermosa experiencia, estou simplemente EMOCIONADO, case que me caen as bagoas como a Xacia pero de felicidade.
Mil grazas por existir e por facernos tan felices a min e os ríos, aos bosques, as fervenzas aos que soñamos con que as caricias son capaces de parar as guerras.
Anxo Moure

Chispa dixo...

Grazas a ti polas PALABRAS que ALOUMIÑAN. Nós tamén compartimos o soño...

Anónimo dixo...

Ola ANXO son Aitana. Grazas por escribir ao blog da biblio, e o libro escollino porque gustoume moito.
Un saúdo.
AITANA

Anónimo dixo...

Ola, son Sonia.Estou encantada de che escribir.O libro da xacia Louviñas gustoume moitísimo.
Espero que veñas ao cole.Bicos de Sonia.