viernes, 29 de noviembre de 2013

ORINOCO: VIAXE A UN MUNDO PERDIDO II

Exposición no Museo Centro Gaiás
Hoxe, nunha frioleira mañá de finais de novembro, fixemos a visita "exprés" ao Museo Centro Gaiás, en Santiago. O segundo e o terceiro ciclo percorrimos as distintas salas durante hora e media. Foi unha visita moi proveitosa, vimos antes moitas cousas na clase e falamos bastante para saber que iamos atopar ao chegar alí. 
O noso guía, Xoán, tivo unha paciencia tremenda e explicounos con toda claridade as peculiaridades de cada grupo de obxectos. Vimos un montón de cousas, moitísimas. Encantáronnos os cestos, as plumas, as flechas, arcos... os asentos que utilizaban os xefes, as máscaras, as maquetas das vivendas, todo, todo, todo. 
As fotos expostas son impresionantes. Todas débense a dous fotógrafos que podedes ver cara ao final da nosa reportaxe. As de branco e negro son do explorador e coleccionista Edgardo González Niño. As de color, de Charles Brewer-Carías.
¿Queredes ver un vídeo de como este último fotógrafo é quen de acender o lume do xeito máis tradicional en menos de tres segundos?

1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Algúns de nós xa a vimos en Xuño e foi espectacular. Este martes voltaremos a vela. Seguro que os vosos nenos disfrutaron moitísimo. Un bico.