A máscara do mono da danza Warime, simboliza o mito da creación dos De’áruwa. |
A lúa vivía no corpo dun gran shamán. Cando este murreu, ela
saíu a vagar polo ceo, pero regresou á terra para comer a
cinza dos seus ósos. Cando a viron, os parentes do shamán disparáronlle frechas, pero as frechas caían á tierra sen lle facer dano. A
luna evadíaas agochándose tras as nubes. Pero á fin unha frecha deulle, e empezou a derramar o sangue, que caía sobre a terra. Destas
gotas de sangue naceron os yanomami.
YE´KUANA -Os donos dos ríos
Antes, os homes non coñecían o lume. Unha muller chamada Kawao era a súa
dona. Kawao escondía o lume no seus estómago e non llo mostraba a
ninguén, ni sequiera ao seu esposo. Cando estaba soa, convertíase en
ra, abría a boca e cuspía o lume por baixo das olas. Cando o seu esposo chegaba, a comida sempre estaba lista. El preguntáballe: ¿como fixeches? E ela respondía: "puxen a comida ao sol". Ela engañnábao e el críalle. Pero ela non sabía que el, cando saía, convertíase en xaguar.
HOTÏ - Cazadores da Maigualida
Contan que os shamáns Hotï poden matar con so soprar dende lonxe. Cando se lles provoca, dispersan polo ar un po máxico, chamado
madúa, que causa enfermidades. Este po tamén os protexe contra os
animais perigosos na selva. O shamán Hotï pode, así mesmo,
curar. As sesións curativas fanse en completo silencio, sen
entoación de cantos ou toque de maracas, e sen usar tabaco ou outras
substancias máxicas.
E´ÑEPA -Decoradores do corpo
Para os E'ñepa todo o que existe foi creado por Mareoka: o lume, a
agua, o sol, o día, a noite, as plantas e os animais. Mareoka ensinoulles como facer chinchorros, cerbatanas, arcos, flechas e cestas. Ensinoulles tamén a tocar a frauta e a cantar. Un día, Mareoka preguntoulles a cada un deles: ¿Que queres ser? ¿Queres ser xente?
¿Queres ser venado, caimán, cachicamo, mono, tartaruga ou paxaro? Cada
quenn escollía. Os que optaron por unha apariencia animal seguiron
siendo e’ñepa. Por iso, os e'ñepa non comen os animais que consideran
ancestros seus.
HÍWI - Xente de sabana
Kúwai, o Creador, fixo o mundo dunha soa vez, pero para crear aos
homes tivo que facer varios intentos. Primeiro fíxoos de arxila,
pero esta desmoronouse baixo a chuvia. Probou entón a facelos con cera,
pero a cera derreteuse co sol. Fíxoos, por fin, dunha madeira forte, e entón unha rata mítica talloulles os xenitais e deulles a
posibilidade de procrear. Aos Híwi fóronlles dadas dúas almas – Yéthi e
Húmpe. A primeira é invisible e deixa o corpo mentres durme, para
poder aparecer nos sonos dos demais. A outra, logo de morrer,
viaxa cara ao fogar de Kúwai, onde vive con riqueza e abundancia de
comida.
DE'ÁRUWA - Señores da selva
Despois da morte, as almas dos shamáns de’áruwa viaxan, porriba das montañas, cara ao lugar dos ventos. Alí, inhalan
yopo e cantan. A súa gorxa convértese en frauta e conserva os cantos.
Do alento mánalles un xaguar, dos ollos, avésporas. As almas dos homes comúns regresan ao seu lugar orixinario. Alí, irmáns e irmás teñen relacións incestuosas sen proxenitura.
PUINAVE- Renovadores do mundo
Túpana, o Creador, descendeu do mundo celeste, para sacar aos
homes do interior da terra. Cando viu que eran ananos, soplou a
través dunha foja de tabaco e fíxoos grandes. Entón, ensinoulles a
sobrevivir. Eles non llo agradeceron e trataron de matalo. Por iso,
Túpana creou á deusa Yopinai, que lles deu ás mulleres o poder de
esclavizar aos homes.
BANIWA - Artesáns do Bambú
No comezo do mundo, non había luz e únicamente Nápiruli, o
Creador, podía ver a través da oscuridade. Primeiro creou a Dzuuli, o seu irmán menor. Logo veu a creación do home e a muller, seguida
pola creación do mundo, da luz, da terra, da agua, das
plantas e dos animais. Nápiruli creou sementes para cada planta: unha
de iuca, unha de piña, unha de cana de azucre, e unha de plátano. Entón ensinoulles ás mulleres como sementar, colleitar e tecer o catumare,
cesta máxica utilizada para a recolleita e transporte dos alimentos.
WAREKENA - Netos do picure
Existía unha disputa entre os homes-avéspora e os homes-ave polo
dominio do mundo. Kuwai, o Creador, chegou ao reino humano para traer
orden ao caos. Expandeu os territorios e trouxo a luz. Os warekena
aprenderon de Kuwai e os seus parentes todo sobre os alimentos, a
música, a tecnoloxía, a relixión e os costumes que distinguen os
sexos.
WAKUÉNAI - Ancestros do xaguar
Na orixe, todas as sementes do mundo estaban nun oco na terra dos wakuénai. O Creador Iñapirrikuli foi sacando de el a
todos os seres, e tamén aos indios e aos brancos. Aos indios ensinoulles os libros, e preguntoulles se os querían. Contestaron que
non. Logo ensinoulles as frechas, os arcos, aas canoas e as
cerbatanas, e dixeron que sí. Cando sacou aos brancos, ensinoulles os libros, e eles dixeron que sí. Foi así sacando a todos os
seres e preguntándolles o que querían ser. Aos animais deulles as súas corese os seus cantos, e así creou o mundo.
TSASE - Xentes do Tucán
Nos comezos do mundo, o Creador Kúwai-Séiri habitaba na rexión dos rápidos do Ayarí, coa súa esposa e os seus parentes. Os tsase
pescaban, recllían froitos silvestres e cazaban. Kúwai-Séiri levoulles a
agricultura e, sobre todo, o cultivo da iuca amarga. O Creador ensinou aos tsase a sementar e a converter este alimento sagrado en
casabe e mañoco.
BARÉ- Tecedores do Río Negro
No principio do mundo, todo era asexuado, incluíndo as estrelas.
Yamadu, o espíritu maligno, dono da Natureza, tiña un grupo de
axudantes, ananos de longos brazos e enormes cabeleiras. Os Baré temíanos e defendíanse de eles con artimaña, pero no eran tan malos como
parecían, senón máis ben burlóns e ameazantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario