martes, 17 de decembro de 2013

Contacontos: "AMAHAL Y LOS TRES REYES"


Aproveitamos a exposición de todos os libros que Chispa nos trouxo o pasado venres como escenario para o contacontos de hoxe. Xa levabamos uns días de descanso e tiñamos ganas de escoitar un conto no recreo. 
"Amahal era un neno moi intelixente. Tiña uns grandes ollos negros, pero a súa mirada era tristeira..." Así empezou a profe Cris  "Amahal y los tres Reyes", Combel Editorial.
Shakira, Juan e Jesús axudaron á profe. Elaboraron o mural e repartiron as sorpresas que acompañaban o conto. ¡Iso si que é colaborar! GRAZAS, PROFE por axudar neste Nadal cos bos sentimentos, as boas intencións, grazas por axudarnos, coma sempre, a reflexionar.
Será mellor apurar a facer unhas "PREGUNTAS CONCURSO" porque creo que as vacacións de Nadal están ao caer, e daquela non imos ter tempo a contestar estas cousas. Así que desta ten que ser un concurso veloz, rápido, lixeiro,... para nenos e nenas espelidos que non dubiden en contestar. ¿Preparados? ¿Seguro? Pois, aí van :

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Vese que disfrutaron un montón co conto. Están todos contentísimos. Unha aperta.