mércores, 5 de febreiro de 2014

CELEBRAMOS A PAZ NA BIBLIOTECA

Este ano, no cole, fixemos unha fermosa actividade cos nosos compañeiros e compañeiras nas aulas: o recoñecemento das mellores calidades de cada un de nós. Cada neno valorou o mellor dos seus compañeiros. Despois eles compuxeron unha tarxeta co que máis lles acaía. O resultado é este fermoso mural na entrada. Presídeo a caricatura de Nelson Mandela porque a el adicamos este curso o noso LIBRO COLECTIVO DA PAZ.
Na entrada da biblio, a Exposición de libros sobre a Paz; tamén os elaborados polos nenos ao longo destes anos anteriores, para poder traballar con eles estes días. 
A continuación podedes ver as imaxes da celebración. Comezamos coa lectura do Libro Colectivo da Paz 2014: "O CEIP de Pazos homenaxea a Nelson Mandela". Despois continuamos con "Marce, o carteiro". Olaya, Cristian e Lucas fixeron a lectura ao tempo que visionabamos este contiño. Despois de decidir se queriamos ¿Guerra ou chocolate? -Non foi moi difícil a elección_, continuamos coa cantiga que traballamos este ano: "Recital á paz" de Horacio Guarany.Tiñamos intención de amosarvos como a cantamos, pero unha vez máis as baterías da gravadora xogaron o seu papel e nos deixaron a pleno pulmón pero sen gravación, co cal, queda pendente e prometemos que vos amosaremos os resultados.

2 comentarios:

Ana Martínez dixo...

Que bonita forma de celebrarlo, profes! Quédome coa idea para outro ano. Unha aperta.

Ángeles dixo...

Canto me gusta o conto de Marce o carteiro. Xa fai uns aniños que o contamos por primeira vez en Pazos, dalgún xeito síntome presente na vosa celebración.
Moitos bicos para todos e en especial para os meus antiguos alunmos que cada vez están mais maiores.