luns, 3 de febreiro de 2014

CONTACONTOS "¿ME PERDONAS?"

O pasado venres, a profe Mª Carmen contounos no recreo un conto de Norbert Landa, ilustrado por Tim Warnes, da Editorial Pearson Alhambra. O título: "¿Me perdonas?"
Dous bos amigos viven xuntos e comparten moitos bos momentos na súa vida ata que un obxecto se interpón entre eles e fai que se enfaden, pero, claro, iso non durará moito porque eles son amigos de verdade e os dous necesitan achegarse e pedir perdón para volver a ser felices.
Para todos os que estivestes alí temos preparadas unhas preguntas moi doadas. ¿Animádesvos a contestalas?
A partir de mañá podedes contestar... ¡BOA SORTE!

Ningún comentario: