mércores, 30 de abril de 2014

CAZA DO TESOURO. LER CIENCIA NA BIBLIO XOÁN FARIAS II

Como colofón ás actividades desenvolvidas ao longo do mes de abril -O NOSO MES DOS LIBROS (E esperade, que aí vén maio)- o día 29 celebramos no centro a CAZA DO TESOURO. Ler ciencia na Biblio Xoán Farias. Esta vez, enfocada á ciencia, posto que é o lema deste curso nas BBEE de Galicia.
Preparamos unha serie de experiencias e dividimos a todo o alumnado en oito grupos, de forma que todos e todas participaron das actividades facendo un percorrido por diversas localizacións do cole: aulas, laboratorio, audiovisuais, música, inglés, ximnasio... e por suposto, BIBLIOTECA.
Aínda que foi unha sorpresa, a semana anterior comezaron as pistas. A última, o luns, 28. Ese día soubemos con exactitude que é o que estaba Chispa a cociñar... Nas aulas explicamos ao maiores en que consistiría a actividade do día seguinte. Despois veredes imaxes, pero eu vouvos contando:


¿Que máis? Pois traballamos arreo, a proba consistiu no seguinte:
Formamos oito equipos de oito nenos/as (un nome e cor por equipo). Todos os cursos mesturados, dirixidos por un maior. O rol dos maiores foi fundamental para o bo funcionamento do grupo, xa que deberon acompañar, guiar e axudar aos máis pequenos, coidando de que o clima fose distendido, tranquilo e seguro para todos e todas.


Os equipos foron adquirindo unha das oito pezas do seu puzzle. Ao rematar todo o circuíto tiñan as oito necesarias. Un encargado levou o sobre completo á mesa marcada co nome e cor do seu equipo, ubicada no corredor da Biblioteca.
Despois do recreo, os grupos compuxeron o puzzle da portada do libro de ciencias que lles tocara. A continuación emparellárono coa etiqueta do libro correspondente impresa en grande para o xogo. E por último localizárano no andel.
No libro había unha chave da cor do seu equipo coa que puideron abrir o baúl do tesouro, logo de dicir o conxuro do chaveiro que levaba.
Está todo explicado no ISSUU que tedes a continuación:
 
E AGORA, AS IMAXES DO DÍA. Primeiro, o material (non son moitas); logo, o desenvolvemento (con estas podedes tomar un bocadillo grande) e, por último, a busca do libro na Biblioteca e o conxuro científico para abrir o cofre (bocadillo pequeno):

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Seguriño que o fixeron fenomenal, non si? Unha aperta e a disfrutar dunha merecida ponte.