Coma prometiamos onte, aquí tedes algunhas imaxes da visita de hoxe á Biblioteca Municipal. Unha parte da visita foi no recanto dos libros adicados a infantil e xuvenil, ata os catorce anos. Despois fixemos un percorrido guiado por todas as instalacións das que consta, incluída a sala de exposicións e o soto, que alberga os libros máis antigos, algúns en espera de seren restaurados; revistas e periódicos, etc, etc...
¿Queredes pasar?
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un ano máis o marcapáxinas polo día Mundial do Libro, cun texto inédito, agasallo dun autor ou autora ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Nesta ocasión, o texto é da autoría de Paco Martín, escritor galego que no 1984, hai agora trinta anos, recibira o premio Barco de Vapor (Edit. SM), polo seu libro As cousas de Ramón Lamote. Un "Ramón Lamote" que posteriormente fora galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986), entre outros recoñecementos, sendo o primeiro libro en galego que recebe esta distintción.
O texto que Paco Martín adica ao libro neste ano 2014 é unha evocación das posibilidades que os libros ofrecen ás lectoras e aos lectores ávidos de coñecemento e imaxinación, con anceios de viaxe e aventura.
"A estribeira na que pousar o pé para cabalgar o airoso alazán de galope tendido cara ao horizonte promisorio"
1 comentario:
Se os echa muchísimo de menos. El instituto es más difícil y me lo pasaba mucho mejor en el cole, ojalá pudiera volver al cole disfrutar del pedazo cole que tenéis y las profes que son muy buenas. Bueno y Ramón el profe, que también es muy bueno. Disfrutar el momento pero no ser malos. Os quiero, ojalá fuera el año pasado para estar con vosotros...
Publicar un comentario