mércores, 23 de abril de 2014

PITUSA SEMIFUSA

https://www.facebook.com/pages/Leandro-Lamas-Pintura/225200760964422
Ilustración de Leandro Lamas, tirada da súa páxina de Facebook



 
Ilustración do Cd


Para celebrar o Día Mundial do Libro, a Editorial Galaxia saca o Libro con Cd "Pitusa Semifusa".
"Pitusa Semifusa é un mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra e que, logo de herdar dela un gramófono, sinte curiosidade por coñecer todas as familias de instrumentos. Ao longo das distintas cancións, nas que participan as voces e os músicos máis importantes de Galicia, Pitusa Semifusa irá avanzando polos pentagramas de todos os instrumentos, de tal xeito que a medida que van avanzando os temas, se van incorporando máis e máis ata rematar nunha completa Festa Musical." (Fonte: Galaxia)
¡Noraboa a Olga polas fermosas cancións; a Leandro, porque as túas ilustracións son sempre un agasallo de cor; e a todos e todas os que participastes e fixestes posible este proxecto ...
; )
¡Xa nos ten conquistado o corazón! 

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Moi feliz día do Libro!!!!!!!! Unha aperta.