venres, 20 de xuño de 2014

BONECAS VIAXEIRAS

Lois, de Rusia

Uxía, de China.

Iria, de Tanzania.
Despois do Nadal, chegaron á aula de Infantil tres bonecas de diferentes países, China, Tanzania e Rusia. Tiveron a sorte de "caer" nunha clase que as recibíu con moito entusiasmo, prestándolles toda a axuda que necesitaban. E como non sabían nada de galego, pois a iso se puxeron!
Primeiro eles aprenderon cousas dos países de orixe destas bonecas e logo, empezaron a ensinarlles cousas da nosa cultura, e a falar en galego. Viaxaron ás casas para que as familias as coñecesen e alí xurdiron verdadeiras amizades porque, como poderedes comprobar, fixeron xuntos un montón de actividades: leron polas noites, xogaron á "play", foron ao parque, de compras, de romaría, ao fútbol, comeron, pasearon, montaron en tractor en a cabalo...Ai, ai, ai... cantas cousas!!
Cada familia recibiu a información necesaria para saber como tratar a estes invitados tan especiais. Ademais, cada boneca ía acompañada da súa bolsa con roupa para cambiar en caso de necesidade, libros do seu gusto, un dicionario de galego por se había que botar man del, algún obxecto da súa cultura, o seu DNI e  pasaporte e unha libretiña e un lapis de memoria onde anotar as palabras aprendidas e enviar as imaxes das fins de semana.
Completo, eh?
Unha experiencia fermosa e moi produtiva que desexamos se repita. Se cadra, pode ser que inviten a amigos e amigas doutros países para coñecernos, non si?
Mostra das actividades realizadas

Ningún comentario: