martes, 24 de xuño de 2014

NOITE DE SAN XOÁN

Cartel de Leandro Lamas
http://www.rios-galegos.com/sanxoan.htm#As sete herbas base.

AS HERBAS (Galicia Espallada)
Popularmente ben coñecidas polas súas propiedades curativas, mediciñais, purgativas e mesmamente perigosas. A ciencia popular soubo identificar moi ben aquelas nas que as divinídades transmitían os atributos milagreiros, otorgándolle a cada pranta ou herba unha finalidade concreta e diferente. Hoxe as investigacións no laboratorio relegaron o uso das prantas ó consumo de productos dietécticos; pero será a propia investigación quen logrará, nun futuro non moi lonxano, o verdadeiro valor centífico e medicinal das mesmas. 

A noite de San Xoán, do 23 ao 24 de xuño, é unha das festas con maior tradición en Galicia, anterior á época cristiá, ten as súas orixes nunha festa ancestral, para celebrar a chegada do verán e espantar os espíritos do inverno. O lume é un elemento purificador que está presente nas miles de luminarias, fogueiras ou lumaradas que se prenden á noitiña en todas as vilas e aldeas. "Encol delas  brincan os nenos, mozos e persoas maiores, porque cren que, deste xeito, curan as doenzas da pel, afastan os maleficios e evitan certos padecementos, sempre que o número de saltos sexa impar."
Polo San Xoán, a sardiña pinga no pan. 

Ningún comentario: