viernes, 19 de diciembre de 2014

DE CELEBRACIÓN...

Hoxe tivemos a celebración do noso tradicional Festival de Inverno. Foi unha mañá moi agradable na que tivemos actuacións de todo tipo xa que despois de escoitar cantigas dos nenos e nenas, grandes e peques, tivemos unha visita sorpresa de PABLÍSIMO...
Agora saberedes. Vaiamos por turnos. Así transcurriu a mañá:

Antes da degustación, a ANPA entregou os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal que convoca cada ano. Este foi o resultado:



Por último, e antes de tomar as larpeiradas de Nadal, gozamos dun bo momento cOs Contos de Pablísimo. Contounos un montón de contos -¡Co que nos gustan a nós!- e fíxonos rir a cachón. Amosounos un moitos instrumentos; algúns nosos, outros, doutras culturas. Pediu a participación dos maiores do público, iso si que estivo ben. Botamos unhas gargalladas. Tamén podedes ver a súa páxina web: Pablísimo
Segundo as súas palabras:


“Érase unha vez un contacontos que se chamaba Pablísimo, aínda que ademais de contacontos tamén era actor, monicrequeiro, profe, pallaso e algún outro etcétera.

Antes de adicarse a contar contos viaxou por moitos países do mundo para aprender teatro e actuar... e onde queira que fose sempre atopaba cousas curiosas e estrañas... e todo conservaba porque TODO serve para contar contos.
Colle un pouquiño de contacontos, engádelle unha pinguiña de teatro, déixao ao baño María con animación á lectura, espolvorea un chisco de pantomima... e xa tes unha sesión de PABLÍSIMO.”

¡Moitas grazas a Pablísimo polas risas e a súa  receita dos contos"!
 Aquí vos deixamos un resumo en imaxes. 
¡NORABOA POLA TÚA ACTUACIÓN E ATA PRÓXIMA! 
E A TODOS E TODAS... 
¡FELICES FESTAS E FELICES LECTURAS!

1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Que gran festival tivéchedes! Vexo que disfrutáchedes todos un montón. Unha aperta e a disfrutar dunhas merecidísimas vacacións de Nadal. Unha aperta.