jueves, 4 de diciembre de 2014

EXPONAV

Fachada posterior da Porta do Dique
Os pasados 21 e 27 de novembro fixemos varias visitas a este museo; primeiro foron os máis pequenos e logo o alumnado do 2º e o 3º ciclo. 
En EXPONAV pódese ver unha importante colección que amosa a Historia da Construción Naval dende o século XVIII ata os nosos días.
Aquí deixámosvos algunha foto da visita dos máis pequenos. Se queredes ver máis, podedes entrar en Cadernos de Quinto e Sexto ou en Coñecendo Ferrol, onde están as dos outros ciclos. 
Recomendamos a súa visita, e a lectura do libro de Jorge Juan, que presenta aos lectores miúdos a figura deste humanista e científico español que participou na empresa amparada polos reis Felipe V, de España e Luís XV, de Francia, para obter definitivamente a forma do globo terráqueo. Mañá comprometémonos a subir a portada e os datos deste libriño.

No hay comentarios: