jueves, 12 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA II

Homenaxe á Muller Traballadora coa cantiga MATRIARCAS, de Guadi Galego

O pasado luns 9 de marzo reunímonos na Biblioteca para homenaxear á Muller Traballadora. Ao longo da semana anterior elaboramos unhas tarxetiñas adicadas á muller que admiramos. Fixemos unha exposición na parede de cortiza da entrada e logo reunimos todos os traballos nun libriño. A esa exposición engadimos, como facemos habitualmente, a de libros: Mulleres na historia e libros escritos e/ou ilustrados por mulleres. Na biblioteca cantamos MATRIARCAS.






No hay comentarios: